O webinar «Xestión de residuos farmacéuticos en efluentes hospitalarios: retos, impactos en ecosistemas acuáticos e tecnoloxías de tratamento» celebrouse o pasado 17 de xuño de 2026, en formato online, de 10:00 h a 13:30 h, organizado no marco da Rede NOR-WATER e do proxecto BlueWWater, en colaboración coas Plataformas PT PROTECMA, Plataforma Tecnolóxica Española da Auga (PTEA) e SENTIATECH.

O obxectivo deste webinar foi abordar de maneira integral a xestión dos efluentes hospitalarios desde unha perspectiva científica e tecnolóxica, identificando os seus riscos e impactos no medio acuático e analizando solucións innovadoras e tratamentos que contribúan a unha xestión máis segura e sostible destes efluentes.

O evento reuniu expertos, empresas, centros tecnolóxicos e entidades públicas para intercambiar experiencias e xerar sinerxías que permitan promover novas oportunidades de colaboración público-privada.

Obxectivos:

  • Caracterizar os efluentes hospitalarios.
  • Avaliar os riscos e impactos no medio e nos organismos acuáticos.
  • Analizar solucións e tecnoloxías de tratamento para este tipo de efluentes.
  • Identificar retos, lagoas de coñecemento e desafíos de investigación.

Inscrición de participantes: https://cetmar.org/seminarios/gestion-residuos-farmacos-efluentes-hospitalarios/

Programa da conferencia: dispoñible aquí.

 

Poñencias
  1. Apertura: Rosa Chapela, Directora Gerente de la Fundación CETMAR
  2. El proyecto BlueWWater y la Red NOR-WATER. Raquel Diez, Coordinadora proyecto BlueWWater, Fundación CETMAR
  3. La Plataforma PROTECMA. Anxo Mena, Plataforma PROTECMA, Fundación CETMAR
  4. Problemática de la farmacontaminación en el tratamiento de las aguas residuales urbanas. Iker Egaña, Jefe de Área de Tratamiento y Calidad en AMVISA (Aguas Municipales de Vitoria-Gasteiz, S.A.)
  5. Detección de contaminantes emergentes en aguas residuales hospitalarias: desafíos analíticos y perfiles de contaminación. Laura Díaz, Responsable Departamento Cromatografía, LABAQUA. Dispoñible en breve
  6. Presentación Plataforma Tecnológica del agua. Paula Menéndez, Responsable PTEA
  7. Caso de éxito: Metodologías Innovadoras de Análisis de Aguas: Detección y Análisis de Drogas de abuso y Fármacos en Aguas Residuales. Ester Méndez, Directora de Innovación Área de Servicios, Global Omnium
  8. Avaliação de efeitos de medicamentos em organismos de diferentes níveis tróficos: do esgoto ao mar. Bruno Nunes, Investigador Universidade de Aveiro
  9. Presentación Plataforma Tecnológica SENTIATECH. Pablo Ibáñez, Responsable Plataforma SENTIATECH
  10. Caso de éxito: Proyecto PURAGUA: Plataforma integrada para el tratamiento, monitorización y reutilización segura de aguas en entornos vulnerables al cambio climático. Naiara Hernández, R&D Project Manager, FCC Aqualia
  11. LIFE GENESYS: una solución innovadora para el tratamiento de efluentes hospitalarios y contaminantes de preocupación emergente. Álvaro Soriano, Ingeniero de I+D en Apria
Video do evento