Interlab

BlueWWater

Ejercicio Interlaboratorio del Proyecto BlueWWater

O exercicio interlaboratorio BlueWWater, é unha iniciativa cuxo obxectivo é servir de ferramenta para avaliar e validar os métodos analíticos utilizados polos laboratorios para detectar contaminantes emerxentes en augas residuais e superficiais. Está deseñado para axudar aos participantes a mellorar as súas técnicas, identificar áreas de mellora e reforzar a confianza nos resultados obtidos.

Obxectivo do exercicio

Realizado conforme ás directrices da norma ISO 13528:2022 e do Protocolo internacional harmonizado para as probas de aptitude dos laboratorios de química analítica da IUPAC, o exercicio ten como obxectivo a determinación de certas substancias farmacéuticas e cosméticas en augas residuais e do medio receptor. Estas substancias, incluso en concentracións moi baixas, poden representar un risco para o medio ambiente e a saúde pública. A través deste exercicio, buscamos proporcionar aos laboratorios as ferramentas necesarias para cumprir cos novos requisitos establecidos pola Directiva sobre o tratamento de augas residuais urbanas (DARU).

Compostos

Substancias do Anexo I, Parte C, Cadro 3 da DARU

Categoría 1 (substancias que poden tratarse con moita facilidade)

  • Amisulprid
  • Carbamazepina
  • Citalopram
  • Claritromicina
  • Diclofenaco
  • Hidroclorotiazida
  • Metoprolol
  • Venlafaxina

Categoría 2 (substancias que poden eliminarse con facilidade)

  • Benzotriazol
  • Candesartán
  • Irbesartán
  • Mestura de 4-metilbenzotriazol e 5-metil-benzotriazol

Matrices

  • Augas procedentes de estación depuradora de auga residual (EDAR): influente e efluente
  • Augas superficiais procedentes do medio receptor: auga fluvial

Datas

  • Envío de mostras aos participantes: xulio de 2025
  • Período de análise das mostras: de xuño a novembro de 2025
  • Informes cos resultados da participación: xuño 2026

Participación e requisitos

No exercicio participaron 12 laboratorios procedentes de España e Portugal que reportaron resultados para os 12 compostos nas tres matrices.

Resultados

  • Protocolo do exercicio: Este protocolo ten como obxectivo presentar a sistemática establecida por INTECMAR, como organizador do exercicio, para o correcto desenvolvemento do ensaio de aptitude entre os laboratorios participantes.
  • Protocolo de homoxeneidade e estabilidade de mostras: este protocolo describe o deseño estatístico e os métodos seguidos para a determinación da homoxeneidade suficiente e da estabilidade das mostras do ensaio de aptitude durante o desenvolvemento deste.
  • Protocolo para os participantes: instrucións enviadas aos laboratorios participantes no exercicio.

Proximamente publicarase o informe de resultados do exercicio.

Contacto

Para solicitar máis información pode contactar con interlaboratorio@intecmar.gal

Descargar Folleto

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinión son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite.
Contacto Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade