Entregables

BlueWWater

Entregable 1.3 Protocolo para o desenvolvemento dun ensaio de aptitude de compostos indicadores en aguas residuais.

Este protocolo ten como obxectivo presentar a sistemática establecida por INTECMAR, como organizador do exercicio, para o correcto desenvolvemento do ensaio de aptitude entre os laboratorios participantes.

Entregable 4.1. Catálogo de Capacidades e Oferta Tecnolóxica da Rede NOR-WATER_V3

O catálogo de capacidades e oferta tecnolóxica reúne as fichas dos membros da rede NOR-WATER e permite mostrar as súas capacidades e dar visibilidade á oferta de coñecemento, tecnoloxías e servizos de Galicia e Norte de Portugal. As fichas de capacidades dos membros da rede están dispoñibles de forma en liña no catálogo web aloxado na ligazón https://rednorwater.eu/herramientas/catalogo-capacidades.

Entregable 4.2. Estratexia y folla de ruta da Rede NOR-WATER

Neste documento descríbense os obxectivos e os termos de referencia da rede colaborativa NOR-WATER no marco das actuacións do proxecto BlueWWater, así como as principais accións a levar a cabo neste marco de financiamento.

Entregable 4.3. Knowledge Hub da Rede NOR-WATER

Deseño da base de datos de coñecemento da Rede NOR-WATER. Dispoñible na ligazón https://rednorwater.eu/herramientas/knowledge-hub.

Entregable 4.4. Informe de metodoloxía e resultados da base de datos da Rede NOR-WATER

Base de datos de proxectos e recursos centrada en contaminantes de preocupación emerxente e microplásticos, que permite recompilar, analizar e clasificar o coñecemento xerado en proxectos de I+D+i e poñelo á disposición dos usuarios dunha forma amigable e sinxela. Esta base de datos recompila proxectos e recursos relacionados coa temática da rede, e consta de motores de busca, filtros e outras ferramentas de navegación que facilitan o seu uso aos usuarios.

Entregable 4.5. Informe do webinar de lanzamento da rede

Informe do webinar: “Retos e oportunidades da normativa comunitaria de calidade de augas e tratamento de augas residuais urbanas en relación cos contaminantes de preocupación emerxente (CEC)” celebrado no marco da Rede NOR-WATER o 18/04/24.

Entregable 4.6. Informe da xornada presencial da rede

Informe da Xornada Presencial: “Retos e avances tecnolóxicos fronte á nova Directiva de Augas Residuais Urbanas”, celebrada o 18/06/25 de forma presencial na Fundación CETMAR.

Entregable 4.8. Winter School book of abstracts

Winter School on Contaminants of Emerging Concern (CECs) and Disinfection By-Products (DBPs) – Occurrence, Impact and Elimination. Held on the 25-26 November 2024 in Porto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinión son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite.
Contacto Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade