Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade
BlueWWater
Aviso Legal
Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinións aquí expresadas non se deberán interpretar como un reflexo da posición oficial da Comisión Europea e, por tanto, esta non se responsabilizará do uso que se faga desta información.
BlueWWater tratará por todos os medios de que a información desta web sexa o máis precisa posible, mais non se responsabiliza da súa exactitude, integridade nin validez para un determinado propósito. Por tanto, o usuario asumirá toda a responsabilidade ao empregar a información presentada nesta páxina e acepta que nin BlueWWater nin os seus socios serán responsables en caso de reclamación, perda ou danos derivados do seu uso.
Ligazóns na páxina
BlueWWater non se responsabilizará do contido nin da fiabilidade das páxinas cuxas ligazóns facilite, e tampouco compartirá necesariamente as opinións que nelas se expresen. A súa mención non se deberá entender como unha mostra de aprobación ou apoio. Non podemos garantir que estas ligazóns sigan activas co paso do tempo nin temos control ningún sobre a dispoñibilidade das páxinas cuxas ligazóns se facilitan.
Non nos opomos a que facilite unha ligazón ás informacións contidas nesta páxina e, para facelo, non necesitará ningunha clase de autorización expresa.
Dereitos de autor
O material que se inclúe nesta páxina está suxeito ás leis de propiedade intelectual e de dereitos de autor, e son propiedade do consorcio do proxecto BlueWWater. Agás que se especifique o contrario, o material poderase reproducir e descargar de xeito gratuíto para uso persoal e non comercial. Se o material se publica ou se distribúe a terceiros, deberase citar a fonte e especificar que se trata de información protexida por dereitos de autor.
Política de privacidade
O Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR (“CETMAR”), con CIF G-36885853, é unha fundación pública creada por orde da Xunta de Galicia o 2 de xullo de 2001. O seu domicilio social sitúase na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208, Vigo (Pontevedra), España. CETMAR figura no Rexistro Unificado de Fundacións de Interese Galego co número 2001/15.
O uso desta páxina está suxeito ás condicións e política de privacidade incluídos máis abaixo. Pregámoslle a lectura de ambos os apartados con atención. Ademais informámolo de que, ao acceder a este sitio web e usar os materiais que contén, recoñece que leu e acepta as seguintes condicións.
Condicións de uso
O usuario recoñece e acepta por vontade propia que é responsable en todo momento do uso que faga da páxina propiedade do CETMAR. Ademais, mentres faga uso da devandita páxina, o usuario comprométese a non actuar de xeito que poida prexudicar a imaxe, intereses ou dereitos do proxecto BlueWWater ou de terceiros. Tampouco poderá danar, anular ou sobrecargar a páxina nin impedir de maneira ningunha o seu uso habitual.
Limitación da responsabilidade
O usuario fará uso desta páxina pola súa conta e risco. O CETMAR non asume ningunha responsabilidade polos erros ou omisións que poida haber no contido desta páxina ou noutras ás cales se poida acceder a través desta. Por tanto, o CETMAR non será responsable de ningún dano derivado do uso da páxina, nin de ningunha acción baseada na información que nela se inclúa.
Este sitio web contén información especialmente elaborada para o proxecto BlueWWater con fins divulgativos. O usuario debe saber que o devandito material pode que non reflicta os últimos avances lexislativos ou que non conteña os antecedentes legais vinculados aos asuntos abordados. Do mesmo xeito, o material poderase modificar, ampliar e actualizar en calquera momento e sen previo aviso.
A información que se inclúe neste sitio web non se deberá entender en ningún caso como substitutiva dos servizos de asesoramento legal ou doutro tipo. Ao acceder ao material, entre o CETMAR e o usuario non se establece unha relación profesional avogado-cliente nin de ningún outro tipo. Por tanto, o usuario non deberá actuar sobre a base da información fornecida neste sitio web sen o asesoramento previo por parte de profesionais.
O CETMAR aplica medidas de seguridade razoables e adecuadas para a detección de virus. No entanto, o usuario debe entender que as medidas de seguridade existentes para sistemas informáticos que se conectan a internet non son infalibles, conque o CETMAR non pode garantir a total seguridade dos dispositivos do usuario (tanto no software como no hardware) nin dos arquivos ou documentos electrónicos almacenados neles.
Protección de datos persoais
Esta política de privacidade elaborouse tendo en conta as disposicións da Lei Orgánica 15/1999 sobre Protección de Datos de Carácter Persoal (13 de decembro) e as Recomendacións núm. 2/2001 (do 17 de maio) e núm. 1/1999 (do 23 de febreiro) emitidas polo Grupo Europeo do Artigo 29 en conformidade coa Directiva 95/46/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de outubro.
Este sitio web non recompila datos persoais nin llelos facilita a terceiros sen o consentimento previo dos usuarios.
Datos de navegación
O software necesario para facer funcionar o sitio web recompila datos persoais e de navegación cuxa transferencia é inherente ao uso de protocolos de comunicación de internet.
Esta información non se obtén co fin de asociar datos de navegación con usuarios concretos, mais a súa natureza e relación con datos de terceiros podería conducir á súa identificación. Estes datos inclúen o enderezo IP ou o nome de dominio do ordenador que se emprega para acceder ao sitio web, o URL do recurso solicitado, a hora e outros parámetros relacionados co sistema operativo do contorno informático do usuario.
Estes datos empregaranse só para recoller información estatística anónima sobre o uso da páxina ou para asegurarse de que esta funciona ben desde un punto de vista técnico. Tras verificarse, os datos serán eliminados sen prexuízo das obrigas recollidas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, sobre Servizos da Sociedade da Información e de Comercio electrónico.
Ligazóns
Esta política de privacidade só é aplicable para o sitio web do proxecto BlueWWater e non cobre as ligazóns accesibles desde esta páxina ou outras.
As ligazóns que se inclúen neste sitio poden levar os usuarios a navegar por outras páxinas, sitios e aplicacións pertencentes a terceiros e, por tanto, non xestionadas polo CETMAR. O CETMAR non se responsabilizará do contido ou estado de tales sitios, páxinas ou aplicacións. Ademais, o feito de o CETMAR facilitar estas ligazóns non se deberá interpretar como unha recomendación ou aprobación do contido das mesmas.
Seguridade
As medidas de seguridade empregadas polo CETMAR axústanse ao nivel requirido en relación cos datos proporcionados polos usuarios, consonte o artigo 9 de Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro sobre Protección de Datos Persoais e o seu regulamento de desenvolvemento, aprobados polo Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro.
Lexislación e xurisdición aplicables
Á hora de resolver calquera disputa ou cuestión relativa á presente páxina ou as súas actividades será aplicable a lexislación española. As partes aceptan expresamente someterse á devandita lexislación, sendo os tribunais de Vigo plenamente competentes á hora de resolveren calquera conflito que puidese derivarse do uso que se faga desta páxina.
Política de cookies
Que son as cookies?
As cookies son arquivos ou dispositivos que se descargan no equipo do usuario (ordenador, móbil ou tableta) para almacenar datos que a entidade responsable da súa instalación pode actualizar ou recuperar. Noutras palabras, as cookies son arquivos que se descargan no seu ordenador cando visita algunhas páxinas. Grazas ás cookies, os sitios web poden, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e, dependendo de como usen os seus equipos, recoñecelos.
Que tipo de cookies emprega esta páxina?
As cookies deste sitio serven para xestionar a páxina e para que o usuario navegue con maior facilidade. Ademais, garanten o acceso a determinados servizos e melloran a configuración funcional.
De maneira máis concreta, este sitio web emprega as seguintes cookies:
- cookies propias: enviadas ao equipo do usuario desde un equipo ou dominio xestionado polo editor e desde o cal se lle proporcionan ao usuario os servizos solicitados;
- cookies de terceiros: enviadas ao equipo do usuario desde un equipo ou dominio que non está xestionado polo editor, senón por unha entidade que procesa os datos obtidos grazas ás cookies;
- cookies de sesión: deseñadas para recolleren e almacenaren datos mentres se accede ao sitio web;
- cookies persistentes: deseñadas para recolleren e almacenaren datos durante un período de tempo específico;
- cookies técnicas: empréganse para lle permitir ao usuario navegar por unha páxina, plataforma ou aplicación;
- cookies analíticas: empréganse para analizar o comportamento e as accións dos usuarios e para crear perfís de navegación co fin de incluír melloras técnicas e de servizo.
Que tipo de cookies emprega esta páxina?
- Cookies técnicas:
Sesión (vencemento); propias (propias/de terceiros); PHPSESSID (nome).
A cifraxe en PHP emprega este tipo de cookies para que o servidor poida gardar as variables da sesión. Estas cookies son esenciais para o bo funcionamento do sitio web (funcionalidade).
- Cookies técnicas:
Persistentes (vencemento); propias (propias/de terceiros); B_cookiesMsg (nome)
Estas cookies lémbrannos que xa se visitou a nosa páxina antes e que, por tanto, podemos saltar a mensaxe de aviso que contén información sobre cookies. Estas cookies non se executarán se as desactiva para esta páxina web (funcionalidade).
- Cookies analíticas:
Persistentes (vencemento); terceiros, Google Analytics (propias/de terceiros); ga (nomes). Estas cookies son fixadas por Google Analytics para monitorizar o uso desta páxina web. Estas cookies non se executarán se as desactiva para esta páxina web (funcionalidade).
Como se xestiona a configuración das cookies?
Esta sección ofrece unha breve descrición de como facer consultas e configurar o sistema de cookies empregando os navegadores máis comúns. Neste sentido, case todos os navegadores lle permiten ao usuario obter información xeral sobre as cookies instaladas na páxina. De feito, permítenlle ao usuario verificar a existencia de cookies, o seu vencemento e o sistema de eliminación. A seguir facilítanse diversas ligazóns con máis información ao respecto:
- Google Chrome
- Mozilla Firefox
- Internet Explorer
- Microsoft Edge
Dito isto, os usuarios poden optar por permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas nos seus equipos modificando a configuración do seu navegador (de acordo coas instrucións anteriores). É importante salientar que as cookies se configuran normalmente desde o menú “Preferencias” ou no menú “Ferramentas” do navegador. En calquera caso, sempre pode recorrer á función de “Axuda” para resolver calquera dúbida que lle poida xurdir.
É importante salientar que o contido da páxina e certas funcións e servizos poden resultar afectados se non se instalan todas as cookies.
Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinión son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite. |
Contacto | Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade |