Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia – INTECMAR
BlueWWater
INTECMAR ten unha ampla experiencia no estudo do medio e dos recursos litorais, así como na loita contra a contaminación mariña. O INTECMAR é o instrumento oficial da administración autónoma de Galicia para o control da calidade do medio mariño e a aplicación das disposicións legais en materia de control técnico-sanitario dos produtos do mar.
A área de contaminación química ten unha grande experiencia no control dos contaminantes orgánicos prioritarios (policlorobifenilos, policlorodibenzodioxinas e policlorodibenzofuranos, pesticidas organoclorados e hidrocarburos aromáticos policíclicos), así como no desenvolvemento e aplicación de novas técnicas de análise dos devanditos compostos en mostras de orixe mariña.
Na última década tamén se centrou no estudo dos contaminantes de preocupación emerxente, sobre todo en aditivos de material plástico.
Contacto
Julio César Cobas Sáenz
Enderezo
INTECMAR – Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
Peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Correo
Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinión son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite. |
Contacto | Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade |