Centro Interdisciplinar de Investigacións Mariñas e Ambientais – Univ. do Porto

BlueWWater

CIIMAR é un centro de I+D que ten como misión o desenvolvemento de investigación de excelencia, a promoción do desenvolvemento tecnolóxico e o apoio ás políticas públicas na área das ciencias mariñas. O centro acolle cerca de 561 membros (208 con grao de doutor) e promove unha aproximación multi- e interdisciplinario aos desafíos sociais e económicos con relevancia no contexto rexional, nacional e global. 

O CIIMAR ten competencias e experiencia relevante na implementación de proxectos de I+D+i, de promoción e transferencia de tecnoloxía, e de formación en múltiples sectores da actividade económica ligada ao mar. Destacan as áreas de I+D relacionadas coas alteracións globais, xestión e servizos ecosistémicos, biotecnoloxía, acuicultura e valorización de recursos endóxenos diferenciadores, especialmente dos recursos asociados á economía do mar. 

O CIIMAR tivo unha forte implicación na implementación das políticas públicas no ámbito da xestión das masas de auga, entre as cales salientan a DMA e DMEM. Por outro lado, dentro das súas competencias enfócase na problemática dos contaminantes de preocupación emerxente desde varias perspectivas: desenvolvemento de ferramentas ecotoxicolóxicas, modelización ecolóxica e biorremediación, entre outras. Dentro do CIIMAR, o Grupo de Investigação em Disruptores Endócrinos e Poluentes Emergentes vai participar no proxecto BlueWWater.

Contacto

Teresa Neuparth

ENDEREZO

Terminal de Cruzeiros do Porto de Leixões.
Av. General Norton de Matos S/N
4450-208 Matosinhos

Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinión son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite.
Contacto Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade