Control, tratamento e redución de microplásticos e contaminantes emerxentes en augas residuais urbanas e no medio litoral transfronteirizo

BLUEWWATER

obxectivo

Mellora da calidade das masas de auga fluviais, de transición e litorais

BlueWWater ten como obxectivo a mellora da calidade das masas de auga fluviais, de transición e litorais por medio do control, seguimento e avaliación das emisións de microplásticos e CECs ao medio acuático en ambas as rexións, garantindo un uso sustentable dos recursos hídricos e contribuíndo á implementación da normativa comunitaria vixente e en preparación para as mudanzas normativas previstas.

BlueWWater vailles proporcionar soporte ás administracións para implementar a normativa comunitaria en materia de calidade de augas (Directiva 2000/60/CE, ou Directiva Marco da Auga, e Directiva 91/271/CEE sobre o tratamento de augas residuais urbanas, actualmente en revisión) por medio do desenvolvemento e optimización de métodos analíticos de detección e monitorización de contaminantes, vai avaliar a eficiencia de tecnoloxías de tratamento avanzadas para mellorar a depuración dos efluentes urbanos, vai avaliar o potencial de reutilización da auga tratada para fins agrícolas e vai desenvolver ferramentas de apoio á avaliación de risco ambiental destes contaminantes.

Contexto

A contaminación causada polas verteduras de augas residuais a masas de auga fluviais e litorais, así como o seu impacto no medio e na saúde humana, constitúe un problema global que se debe abordar desde un punto de vista integral. Para reducir os riscos ambientais asociados á presenza de contaminantes de preocupación emerxente (CECs) e microplásticos, é esencial unha estratexia común e unha cooperación eficaz a ambos os lados da fronteira que permita reducir a emisión destes contaminantes.

BlueWWater continuará co proxecto NOR-WATER “Contaminantes emerxentes nas augas de Galicia e Norte de Portugal: novas ferramentas para a xestión de riscos” – Programa POCTEP 2014-2020

Obxectivos

O proxecto BlueWWater ten un enfoque holístico para abordar o desafío da contaminación das masas de auga transfronteirizas.

CONSORCIO

11 socios procedentes de Galicia e o Norte de Portugal

NOVIDADES

 

Webinar
Webinar

Webinar 19.04.2024 A lo largo de la mañana del 19 de abril, la Red NOR-WATER en colaboración con la Plataforma Tecnológica para la Protección de la Costa y del Medio Marino (PROTECMA) celebraron el Seminario online “Retos y oportunidades de la normativa comunitaria de...

read more
Kick-off meeting BlueWWater
Kick-off meeting BlueWWater

Webinar 19.04.2024 A lo largo de la mañana del 19 de abril, la Red NOR-WATER en colaboración con la Plataforma Tecnológica para la Protección de la Costa y del Medio Marino (PROTECMA) celebraron el Seminario online “Retos y oportunidades de la normativa comunitaria de...

read more

BlueWWater

Contacto

Departamento de Control y Gestión del Medio y los Recursos Marinos 

Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR

Contacto

Control y Gestión del Medio y los Recursos Marinos

enderezo

Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR
C/ Eduardo Cabello S/N
36208 Vigo, Pontevedra, España

Correo

bluewwater@cetmar.org

Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinión son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite.
Contacto Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade