Save the date! Xornada BlueWWater en Vigo – 18 de xuño
Desde o proxecto BlueWWater, e coa colaboración das plataformas PROTECMA e SENTIATECH, convidámoste a unha xornada presencial que reunirá a diversos expertos e expertas para abordar os novos retos e avances tecnolóxicos relacionados coa Directiva sobre Augas Residuais Urbanas (DARU), no ámbito da xestión da auga e o tratamento de contaminantes emerxentes (https://bluewwater.eu/).
🗓️ Cando: 18 de xuño de 2025 (10:00h – 14:00h)
📍 Onde: Fundación CETMAR, Vigo 📌
🎯 Dirixido a: Empresas, OPIs, entidades públicas e centros tecnolóxicos
Durante o evento trataremos:
✔ A nova normativa europea sobre augas residuais
✔ Retos na detección de contaminantes emerxentes (fármacos, cosméticos, microplásticos…)
✔ Novas liñas de tratamento nas plantas de depuración
✔ Efectos ecotoxicolóxicos destes contaminantes sobre a fauna mariña
✔ Solucións colaborativas para reducir o impacto nas augas de transición e costeiras
👉 Inscrición de balde e prazas limitadas: 🔗 https://www.inscribirme.com/jornada-presencial-bluewwater-retos-y-avances-tecnologicos-frente-a-la-nueva-directiva-de-aguas-residuales-urbanas
Non o perdas!
Un cordial saúdo,
O equipo BlueWWater