O vindeiro 10 de abril celebrarase o Workshop “Literacia ambiental con foco nos contaminantes emerxentes” en Vila Nova de Cerveira, na Fundação Bienal de Cerveira.
Este encontro abordará a problemática dos contaminantes emerxentes desde unha perspectiva divulgativa e próxima, co obxectivo de achegar este tema á cidadanía e fomentar unha maior conciencia ambiental.
O workshop contará coa participación de relatores procedentes de centros de investigación, universidades e entidades de Galicia e do norte de Portugal, que compartirán coñecementos e experiencias sobre esta cuestión de crecente relevancia para o medio ambiente e a sociedade.
Convidámosvos a participar e a rexistrarvos no evento a través da seguinte ligazón:
Rexistro de participantes: https://cetmar.org/seminarios/literacia-medioambiental-foco-contaminantes-emergentes/
Programa do evento: https://cetmar.org/seminarios/literacia-medioambiental-foco-contaminantes-emergentes/programa.pdf