Instituto Español de Oceanografía – IEO CSIC

BlueWWater

O Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), é un centro nacional do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). O IEO representa a España na maioría dos foros científicos e tecnolóxicos internacionais relacionados co mar e os seus recursos.  

Conta con nove centros oceanográficos costeiros, cinco plantas de experimentación de cultivos mariños, doce estacións mareográficas, unha estación receptora de imaxes de satélites e unha flota composta por cinco buques oceanográficos.  

O Grupo de Contaminación Mariña do IEO creouse en 1984 e desde 1990 encárgase, a nivel estatal, do estudo sistemático da contaminación no litoral español co fin de cumprir as esixencias do Convenio OSPAR, asinado por quince países europeos. Desde 2010, o grupo é responsable a nivel nacional da implementación do descritor 8 (“Contaminantes e os seus efectos”) da Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña (DMEM).  

Os membros do grupo asesoran a Administración xeral do Estado e representan a España en diversos foros científicos, grupos de traballo e comités internacionais en temas relacionados co estudo da contaminación mariña.

Contacto

Juan Santos Echeandía

Enderezo

Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC).

Subida a Radio Faro 50-52. 36390. Vigo

(Pontevedra, España)

Correo

juan.santos@ieo.csic.es

Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinión son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite.
Contacto Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade