Centro Gallego de Investigaciones del Agua – CETAQUA
BlueWWater
A Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (CETAQUA Galicia) é un centro tecnolóxico que impulsa proxectos I+D+i para garantir a sustentabilidade do ciclo da auga mediante o desenvolvemento de tecnoloxías e produtos. O seu modelo de colaboración público-privada garante que os resultados dos proxectos en que participa se axusten ás necesidades do mercado.
CETAQUA ten moita experiencia no desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas de tratamento de augas residuais tanto urbanas como industriais (farmacéuticas, hospitalarias, químicas etcétera). Ademais, participou no desenvolvemento de procesos para a monitorización e mostraxe de contaminantes emerxentes.
CETAQUA, grazas á execución deste proxecto, vai ampliar o coñecemento sobre as ferramentas de avaliación de microplásticos e contaminantes de preocupación emerxente. Deste xeito, vai adquirir melloras substanciais no seguimento destes compostos e poderá establecer sinerxías con outros centros da rexión para ofreceren entre todos solucións de interese para a adaptación da nova proposta de normativa referente a augas residuais que se aplicará no espazo POCTEP.
Contacto
Teresa Alvariño Pereira
ENDEREZO
Vila da Auga,
Rúa de José Villar Granjel, 33, Aquahub – A, 15890 Santiago de
Compostela, A Coruña
Correo
teresa.alvarino@cetaqua.com
Esta web foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. As opinión son de exclusiva responsabilidade do autor que as emite. |
Contacto | Aviso legal – Dereitos de autor – Política de privacidade |